Parabéns, Martín
Martín Veiga (Noia, 1970), pola obra Os anos, foi galardoado onte co premio Esquío de poesía, que cumpría a súa 25ª edición.
OS XESTOS OLVIDADOS
Martín Veiga
¿Regresarán esta tarde os últimos navíos?
¿Sentirei as luces pálidas dos mastros
entre a leve brisa do litoral calado?
¿Chegarán os corpos abatidos, plenas as olladas
dunha desolación estraña, palpitante?
Observa a liña branca do horizonte,
mide nas acacias o tempo transcorrido
desde o triste día da partida
e dispón a casa, en fin,
para o retorno ás illas do amado.
Descubrirás en ti os xestos olvidados
que antano revelaban un amor profundo
(miradas furtivas a un espello
ou voces no xardín, ou búcaros con dalias)
recobrarás as escuras madrugadas
en que agardabas a luz viva do regreso
escoitando o vento nos cipreses, o mar
nas altas furnas, unha música de chuvia
na enramada da fachada, no corazón cansado.
En As últimas ruínas;
A Coruña: Espiral Maior, 1994
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home