30.11.05

Dúas lamberetadas

Xulio Sigüenza (A Coruña, 1898-Vigo, 1965) formou parte xunto a poetas como Manuel Antonio, Luís Pimentel ou Luís Amado Carballo da denominada Xeración de vangarda galega, contemporánea da Xeración do 27 española. Escribiu un único poemario na nosa lingua, Cantigas e verbas ao ar (A Coruña: Nós, 1928). Ingresou na Real Academia Galega como membro numerario en 1956.


TENNIS
Xulio Sigüenza

Os pinos abriron hoxe
raquetas de seda verde.
Xogan ao tennis,
e perde,
estrelas o que mais perde.

[Publicado en Céltiga, nº 79, 1928]

En Obra galega (ed. de Josefa Beloso Gómez)
Santiago: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro, 2000



BILLAR
Xulio Sigüenza

And’a facer carambolas
o campanario da ermida,
e rolan as estreliñas
no pano verde da ría.

N-este facer carambolas
o campanario, algareiro,
c’a tiza branca da lua
vai entizando o punteiro.

[Publicado en Céltiga, nº 84, 1928]

En Obra galega (ed. de Josefa Beloso Gómez)
Santiago: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro, 2000

2 Comments:

Blogger folerpa said...

Oira falar del pero nunca lera os seus versos. Son caralludos e moi modernos. Son todos así de deportivos ?

1/12/05  
Blogger Martin Pawley said...

Que bonitos (sobre todo o primeiro)!

3/12/05  

Publicar un comentario

<< Home